GMH/ÍNDICE A-Z

Referencias da busca neste documento para: Documentos da Catedral de Lugo. Século XV

944
1417, xuño, 4. Lugo

O Cabido afóralles ó alcalde de Lugo, Fernando Fernández, á súa muller e a unha voz o lugar da See na freguesía de San Martiño de Caboi, por renda anual de 40 marabedís.

MADRID, AHN, Cód. 416 B, f. 126 v.


       

Sabeam quantos esta carta viren como nos o dean de Lugo et as outras persoas coengos benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo seendo juntados en noso cabidoo dentro en o coro da dita iglesia por canpaa tangida, segundo avemos de uso et de custume, con dom Juan Martines, dean de Lugo et amystrador do mes de junyo en terras de Agiar, avido primeyramente noso consello et deliberaçon et veendo et entendendo que he noso probeyto et de nossos suçesores, damos aforo et avervo a vos Fernando Ferrnandes de Goyos, alcallde de Lugo, et a vosa muller, Aldara Gomes, et a outra persoa qual nomear o pustrumeyro de vos en vida ou a tempo de seu finamento, que seia fillo ou filla de anbos, et se non ouverdes fillo ou filla que seia quen herdar vosos bees de dereyto, o noso lugar chamado da See que he en Caaboy et perteesçe a dita amistraçon d’Agiar, que agora labrava et usava Pedro do Souto, morador en o dito lugar de Caaboy; o qual dito lugar et casal vos aforamos con todas suas herdades et casas et arvores et formaes et montes et prados et pascos et entradas et saydas et jures et dereyturas et pertenenças, a montes et a fontes, onde quer que vaan et perteescan a o dito lugar, sub signo de San Martino de Caaboy, a a tal pleito et condiçon que vos, o dito Fernando Ferrnandes, et vosa muller et persoa lavredes et paredes ben as herdades do dito lugar, et tiredes de monte as que ora en el iasen, et façades as casas del et as dedes feytas de parede et cubertas de lousa et de madeyra d’aqui ata dous anos primeyros seguentes, et as tenades feytas et cubertas et en boo paramento; et dedes et pagedes de foro et penson en cada hun ano a o dito dean, ou a aquel que for amistrador da dita amistraçon, quareenta maravedis da moneda vella et de longos, et que os pagedes en salvo en Lugo cada ano por dia de San Martino de novenbro; et a finamento da pustrumeyra persoa que suçeder en o dito foro que as herdades do dito lugar et casal da See fiquen lavradas et ben reparadas, et as casas feytas et erguydas et cubertas et en boo paramento a a dita iglesia de Lugo, et a a dita amistraçon con todos los outros boos paramentos que y foren feytos; et a terçeyra persoa que suçeder en o dito foro que ela seia teuda et obligada de vir reçeber o dito foro do dito cabiidoo do dia que en el quedar por persoa ata triinta dias primeyros seguentes, sub pena de perder o dito foro.

Et eu, o dito Fernan Ferrnandes, que presente estou por min et por la dita mina muller et persoa asy reçebo este dito foro de vos, o dito dean, et cabidoo et obligo meus bees et seus de o comprir et pagar et atender en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos, o dito dean, et cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor huna para vos, o dito Fernan Ferrnandes, et vosa muller et persoa et a outra que a lançase en o libro do dito cabidoo, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de vos, o dito Fernan Ferrnandes, con o seelo do dito cabidoo.

Que foy feyto et outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia de Lugo, quatro dias do mes de junyo, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de mill et quatroçentos et des et sete anos.

Testemoyas que foron presentes et outorgaron o que sobredito he: o dito don Juan Martines, dean de Lugo et amistrador; et don Afonso Lopes, chantre de Lugo; et Lopo Dias, mestrescola; et Rodrigo Afonso, juys; Lopo Fernandes, Juan Yanes, Afonso Teyxeyro, Lopo Afonso, Juan Dias, Nuno Gomes, coengos; Afonso Rodrigues, Fernan Ferrnandes, raçoeyros; et Mestre Juan, porteyro do dito cabidoo, et outros.

Et eu Pedro Ferrnandes de Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir et aqui puge meu signal en testemoyo de verdade que tal he.

Pedro Ferrnandes, notario.