1421, marzo, 8. Lugo
Sabam
 quantos esta carta de aforamento viren como nos o chantre, persoas 
coengos et benefiçiados et omes boos do cabidoo da iglesia de Lugo 
seendo juntados en noso cabiidoo dentro en o coro da dita iglesia por 
campaa tangida, segundo que avemos de uso et de custume, et de 
consintimento et outorgamento de Lopo Ferrnandes, coengo de Lugo et 
rendeyro prinçipal dos aniversarios da dita iglesia de Lugo, que esta 
presente et outorgante, aforamos a vos dom Juan Martines, dean de Lugo, 
que estades presente, et a outras duas persoas depoys de voso finamento 
huna qual vos nomeardes et a outra qual nomear aquela persoa que por vos
 fos nomeada, huna nosa casa, que he dos ditos anyversarios, en que 
morou Moor Martines, muller que foy de Gonçalvo Ferreyro, a qual dita 
casa esta en o canto da rua de Vermun Sanches çerca da rua do Campo en 
dereyto a casa de Lopo Calvo, que esta junta da huna parte con huna casa
 en que mora Tereyia Eanes de Montenegro que he do espital de Santa 
Maria dos proves vergonçosos, et da outra parte esta junta con outra 
casa en que mora Eynes Lopes, muller que foy de Juan da Nugueyra, a qual
 he sub signo da Capela de Santiago da çiudade de Lugo; a a tal pleyto 
et condiçon que vos, o dito dean, et persoas que suçederen en o dito 
foro tenades a dita casa feyta et cuberta et portada et ergida et ben 
reparada; et dedes de foro et penson de cada ano a o dito Lopo 
Ferrnandes, coengo, ou a aquel que for rendeyro dos ditos anyversarios, 
vos o dito dom Juan Martines, deam en vosa vida çinquenta soldos, et as 
outras duas persoas que despoys de vos suçederen en o dito foro que den 
et paguen de foro et penson cada ano por la dita casa sesenta soldos, et
 que os pagedes vos et as ditas persoas cada ano por dia de Natal en 
salvo en Lugo; et outrosy con condiçon que a pustrumeyra persoa que 
suçeder en o dito foro que seia teuda et obligada de o viir reçeber do 
dito cabidoo et mostrar como he persoa et foreyra del do dia que en el 
ficar et suçeder por persoa ata triinta dias primeyros seguentes sub 
pena de perder o dito foro. Et a finamento da pustrumeyra persoa que 
suçeder en o dito foro que a dita casa fique feyta et cuberta et portada
 et ben reparada a os ditos anyversarios, cuia he, con todos / los 
outros boos paramentos que en ela foren feytos.
Et eu, o dito dean, 
que presente estou asy reçebo o dito foro da dita casa para min et para 
as ditas persoas, et obligo meus bees et seus de o conprirmos, pagarmos 
et atendermos en todo segundo et en a maneyra que dita he. Et nos o dito
 chantre et cabidoo asy vos lo outorgamos. Et porque esto seia çerto nos
 as ditas partes rogamos et mandamos a o notario iuso escripto que 
fesese desto duas cartas de foro anbas feytas en hun tenor, et as 
signase de seu signal, et por mayor firmedue mandamos seelar a carta de 
vos, o dito dean, con o sello do dito cabidoo.
Que foy feyto et 
outorgado en a çiudade de Lugo dentro en o coro da dita iglesia, oyto 
dias do mes de março, ano do nasçemento de noso senor Jhesu Christo de 
mill et quatroçentos et viinte et hun anos. 
Testemoyas que foron 
presentes et outorgaron o que sobredito he: don Afonso Lopes, chantre de
 Lugo; don Diego Alvares, arçidiago de Neyra; dom Rodrigo Afonso, juyz; 
Pedro Ferrnandes de Tendilla, thesoreyro; Pedro Lopes, Lopo Ferrnandes, 
Afonso Teyxeyro, Juan Lopes, Fernan Peres, Juan Dias, coengos de Lugo; 
et Fernan Fernandes, raçoeyro, et outros.
Et eu Pedro Ferrnandes de 
Silvarrey, notario publico da çiudade de Lugo por la autoridade do senor
 Obispo et iglesia dese lugar, a esto que dito he con as ditas 
testemoyas presente foy et esta carta fis scripvir, et aqui puge meu 
signal en testemoyo de verdade que tal he (signo).
Pedro Ferrnandes, notario.