(ff. 20 v-21)
Dose dias do dito mes de jullio. Sabean todos que eu Juan Fernandes de Bertola, escudeiro de Fernando Yanes de Soutomaior, que soo presente et que faço por min et por todas mias vozes, non costregudo por força nen por engaño resçebido, mas de mĩa livre et propia voontade, quero et outorgo que por quanto mĩa yrmãa Ynes Afonso, moller que foy de Fernando Gil, cuja alma Deus aja, bendo firmemente et outorgo por jur de herdade, para todo senpre, a vos Pero Gonçalves, prateiro, besiño da villa de Pontebedra, que sodes presente, et a vosa moller Tareija Lopes, et todas bosas boses, as casas, sotõo et sobrado que estan et son sitas ẽna Rua do Rego, friguesia de San Bertolameu da dita billa, as quaes estan ontre las casas vosas et de Martin Diego Curugeira, por çerta contia de maravedis que de vos resçebeo, et eu embargara et tiiña embargadas as ditas casas disendo que me eran obligadas, et eso mesmo todoslos bẽes de Ynes Afonso, mĩa yrmãa et do dito Fernando Gil, por quanto foran et eran meus tutores et me non abian dado conta de meus bẽes nen tiiña de min nuçon et outros que me pertesçeian de aver de dereito, por lo qual outorgamosvos et eu aa tal aviinça et conperaçon, que vos que me ovestes a dar viinte frolins d´ouro do cuño de Aragon et eu que vos desenbargase as ditas casas // que ratificase et consentise a dita benda asi a vos feita (roto) et demas que me obligase a vos quitar do dito Fernan Gil que ainda que el ou outro por el viese a demandar as ditas casas que eu que touvese a vos et auçon por vos, en maneira que vos quitase et librase a vos et a bosas bozes et bẽes del a pas et a salvo para senpre, ou vos tornase os ditos biinte frolins, et outrosi que remitise en vos et ẽna dita bosa moller todos dereito, vos et auçon que asi avia aas ditas casas en qualquer maneira; por ende, eu o dito Juan Fernandes, que asi faço por min et por mias votes, por la mellor maneira et forma que poso et devo con dereito me demito das ditas casas et de todo jur, dereito, vos et auçon que a elas aja et podera et poso aver en qualquer maneira por qualquer razon et o poño et traspaso en vos, o dito Pero Gonçalves et ẽna dita bosa moller et vosas vozes para senpre, et consinto et outorgo et ey por firme, rato, grato, a dita benda que vos asi delas et de parte delas fezo et outorgo a dita mia yrmãa, por quanto me vos destes et pagastes et eu de vos resçebi os ditos viinte frorins d´ouro dos quaes me eu outorgo por entrego et pago a toda mĩa voontade, por quanto pasaron et son ja en meu jur et poder ben et conplidamente, et renunçio toda eixençon que nunca ende diga o contraio et se o diser que me non valla en juiço nen fora del, et demas quero et outorgo que, viindo o dito Fernan Gil et demandandovos ou enbargando por si ou por outro por el as ditas casas, que eu que tome a bos et auçon por vos por librar delo sen perda et dano ou que vos torne os ditos viinte froliins douro que asi agora de bos resçebo, et que eu nen mias vozes nen outro por vos que vos non molestemos nen enquietemos por rason da dita conpra das ditas casas, ante que o tenamos et conprimos et que o ajamos por senpre, como dito he, para o qual todo asi teer et conprir et aguardar obligo a elo a min mesmo et a todos meus bẽes movles et raises, et so pena de dous mill maravedis de boa moeda que outorgo de vos pagar de pena por nome de interese, eu ou mĩas bozes, se o asi non toveremos etc. et a pena etc. todavia etc. Et eu o dito Pero Gonçalves, que soo presente, por min et por la dita mĩa moller et nosas vozes, asi o resçebo. Feita a carta ena dita villa de Pontebedra, ano, dias, mes sobreditos. Ts: Pero Cruu, o bello, Pero Cruu, o moço, et Juan de Nogueira, medidor do sal, vesiños da dita villa, et Gonçalvo de Testal, carpenteiro.