GMH/ÍNDICE A-Z

166
1327, setembro, 5
sentenza

Na contenda entre Aras Pérez e Pedro Moogo, sancristán e clérigo do coro, sobre unha presa que aquel fai no río Barbaña para os seus muíños e que este coida que lle prexudica unha viña, os xuíces árbitros pronuncian sentenza favorable ao primeiro.

ACOu, Escrituras XII, 116

Sabeam quantos esta carta de sentença viren que, presente min Domingo Fernandes notario d’Ourense porlla igleia desse lugar e as testemuyas que en fondo desta carta som escriptas, Aras Peres çidadao d’Ourense morador enna rua d’Oobra et Pero Moogo samcristhan clerigo do coro d’Ourense pressentaron e fezeron leer por min notario ante Estevoon Fernandes e Pero Esteveez clerigos do coro huun estormento de conpromisso feyto por Pero Martines notario d’Ourense e signado de seu signal segundo por el apareçia, enno qual se contiña entrelas outras cousas que estes Aras Peres e Pero Moogo conprometeran ennos (ditos) Estevoon Fernandes e Pero Esteveez, sobre contenda que era ontre elles por rason de huna presa (que o dito) Aras Peres e sua moller Cataliña Anes fazian no rio da Barvaña aos seus moynos que chaman de Marinamanssa, assy que estes Estevoon Fernandes e Pero Esteveez vissen se Aras Peres fasia a dita pressa por hu non devya ou se fazia danno ao dito Pero Moogo, que o partissen commo achassen que era dereito ou aguisado. O qual conpromisso liudo, Estevoon Fernandes e Pero Esteveez sobreditos disseron que o reçebian, et disseron que eles averian conssello e mandaron aos ditos Aras Peres e Pero Moogo que en outro dia veessen ante elles oyr sentença e elles que a darian qual achassen por dereito. Eno qual vinron Aras Peres e Pero Moogo presentes ante os ditos Estevoon Fernandes e Pero Esteveez e pidironlles que dessen sentença segundo que ficaran. Et enton estes Estevoon Fernandes e Pero Esteveez, seendo en lugar de julgar, deron huun escripto en maneira de sentença, feyta en esta maneira:

Como fose contenda entre Aras Peres da rua d’Oobra por sy e por sua moller Cataliña Anes da huna parte, e Pero Moogo clerigo do coro dautra, sobre razon da presa que este Aras Peres e sua moller fasian no rio da Barvaña aos seus moynos que chaman de Marinamansa, a qual presa o dito Pero Moogo lles enbargava que a non fesessen, dizendo que era em seu preiuyzo e danno grande de huna sua viña que y tiña, que perteençia aa capella que el tiña, a par do dito rio da Barvaña, e por ende que non devyan y fazer a dita presa. Estas partes de seu prazer conprometeron en nos Estevoon Fernandes morador enna rua d’Oobra e Pero Esteveez clerigo do coro, por conpromisso feyto por Pero Martines notario d’Ourense, que nos vissemos a dita presa que estes Aras Peres e sua moller fazian se fazia danno aa viña do dito Pero Moogo e julgassemos sobrelo o que fosse dereito e aguisado, e de mays tomaren por terçeyro Martin Fernandes coengo d’Ourense, que se nos anbos en huna sentença non fossemos aveudos que con aquel con que o dito Martin Fernandes concordasse, que aquela sentença valuesse. Et nos os ditos Estevoon Fernandes e Pero Esteveez juyzes arvidros, visto e examynado con homes boons clerigos e leygos (...) ditos Aras Peres e (...) moller (...) do rio e o lugar por (...) avudo (...) seendo en lugar de julgar, dia assignado para a dita sentença, as partes pressentes sentença demandantes, pelo poder do conpromisso, por que (...) nos achamos por conssello de homes boons e leterados dignos de fe que aquel lugar por que (...) os ditos Aras Peres e sua moller fazen a dita presa eno dito rio non faz danno aa viña do dito Pero Moogo e lle faz prol, por quanto arrendan augoa dela en maneira que por aquelo non pode reçeber danno. Por ende por sentença julgamos que estes Aras Peres e sua moller lavraron ben e mandamos que façan a dita presa que começaron pella pena grande que y poso augoa, e dali açima ata a viña de Pero Aras lançen meyroons en guisa que Pero Moogo nen a sua viña non reçaba por y danno, et que o dito Pero Moogo que lla non enbargue daqui adeante. Et esto mandamos a anbalas partes que o aguardem, sub a pena do con(promiso), et que nenhuna das partes non seia tiuda autra parte de custas nen de dannos (...) esta contenda reçebesse ou fezesse ata aqui.

O qual scripto liudo, Aras Peres e (...) loaron a dita sentença e outorgaronna e pidiron a min notario ende senllos estormentos. (...) foy en Ourense, çinco dias de setenbro, era de mill e ccclxv annos. Tests. que presentes foron Pero Rodrigues, Johan Rodrigues Chico yrmaos, Martin Dominguez yrmao de Miguell Domingues da rua d’Oobra, Johan de Trella, Johan Domingues capellan da Triidade e outros.

Et (eu) Domingo Fernandes notario sobredito que a esta sentença chamado foy presente e (en) myña presença o fige escrivyr e meu signal y puge en testimuyo de verdade.

(sinal)