foroTareixa
Fernández afóralles a unha voz a Xoán Lourenzo e á súa muller, Tareixa
Iáñez, as herdades que lle pertencen en Belesar de parte de Fernando
Martínez, que foi chantre de
Tui, por 11 libras, e que paguen o foro ao
señorío.
Sabean
quantos esta carta viren que eu Tereyia
Fernandes criada de Fernan Martines
chantre de Tuy que foy e moller de Go(...) Anes
de Sueyros que foy morador en Velle hu chaman Regouffe, dou e
outorgo a foro a vos Johan Lourenço morador
(...) freyguysia de San Migueel de Melees e a vosa moller
Tereyia Anes e a huna vos apus vossa morte qual
nomear o pustrimeiro de vos a tenpo de seu fignamento,
e se a dita vos non nomeardes que o seia
o que os nosos beens herdar de dereito (...)
todas las herdades e casas, arvores e cortiñas e foros
e dereitos e dereituras e viñas que
eu ey e a min perteençen de parte
do dito (Fernan) Martines chantre enna
dita freyguysia de San Migueel de Melees enno
lugar que chaman Belsar. Afforo vos as ditas
herdades (e) cousas sobre ditas a monte e a
fonte con suas entradas e seydas e dereitos e
perteenças asy que vos que as
lavredes e paredes ben en tal maneyra que
non defalescan por mingoa de lavor e de
boon paramento. Et dedes ende a min ou a miña
voz de foro cada anno en salvo por dia de San Martiño
de novenbro onze libras de diñeiros
brancos desta moeda que agora corre de que
contan viinte soldos por huna libra
ou a contia deles de outra moeda se
correr enna terra. Et do al averdes as ditas
erdades e cousas sobre ditas livres e
quites de todo outro enbargo fazendo por elas os
foros e dereitos ao senorio segundo que eu soon
tiuda e que se por as ditas herdades
han de faser. Et aa morte de vos e da dita
vosa moller e da dita vos que as ditas
herdades fiquen a min ou a miña
voz livres e desenbargadas de vos e de vosa vos con
todos boons paramentos que en elas foren
feitos, novidade alçada. Et para con as
ditas herdades e cousas sobre ditas
seerdes anparados e defesos a dereito vos e a dita
vosa moller e voz obrigo vos todos meus beens.
Et eu o dito Johan Lourenço que
soon presente por min e por a dita
miña moller que non he presente
e por a dita vos asy reçebo de vos a dita
Tereyia Fernandes esto que dito he
afforado, et para lavrar e faser o dito
foro e conprir e agardar todo o que dito
he obrigo a vos todos meus beens gaañados e por
gaañar. Et qual quer de nos as ditas
partes que contra esto que dito
he quiser passar peyte aa outra
parte que o conprir e agardar
quiser por nome de pena çen mor.
de diñeiros brancos et a dita
pena pagada non non esta carta e afforamento fique
firme e valla segundo dito he. Feyta a
carta en Ourense, oyto dias do mes de setenbro,
era de mill e quatroçentos e nove annos.
Tests. Vaasco Peres morador en Montezelo e Johan
de Deus morador en Casanova e Domingo Anes
morador en Velle.
Et eu
Fernan Gonçalves notario pubrico
d’Ourense pola igleia desse lugar que
a esto presente foy e o escripvi e meu nome e
signal y puge que tal he.
(sinal)