Documentos Materias Lugares Persoas Outros
GMH/RESULTADOS DE BUSCA

GMH/Recursos/Estudos

Beatriz Vaquero Díaz
Neste estudo descríbense sucintamente o patrimonio escrito galego, os ciclos de escrituras utilizadas en Galicia durante a Idade Media, os ámbitos e suxeitos da aprendizaxe da lectura e a escritura e, por último, os centros escriturarios e as xentes que practicaron a nobre arte de ler e escribir na Galicia Medieval.
Mercedes Vázquez Bertomeu
A abafante maioría das escrituras que nos axudan a mellor coñecer a nosa Idade Media naceron nunha oficina notarial e, máis alá dos tratos que rexistran, son un testemuño excepcional do esforzo colectivo por crear, adaptar e deseñar un sistema validativo apto para dar forza legal aos actos dos que debe quedar constancia. As orixes da institución notarial poden albiscarse en Galicia xa desde o século XII.
Alexandra Cabana Outeiro
Este repertorio dá conta non só de edicións “específicas” senón tamén de anexos documentais e estudos historiográficos, teses e memorias de licenciatura. Tamén consideramos de interese incluír nesta relación de fontes editadas as mostras literarias.
Francisco Javier Pérez Rodríguez
A importancia que se lles dá aos mosteiros na historia de Galicia baséase, precisamente, no obxecto deste traballo. O seu protagonismo neste reino é evidente, posto que o volume de documentación medieval monástica galega que se conserva supera, con moito, a proveniente doutras institucións, tanto laicas como eclesiásticas.
Anselmo López Carreira
Por circunstancias que en parte descoñecemos, a cidade de Ourense conservou e transmitiu un patrimonio documental de especial magnitude e calidade. A documentación medieval do Concello ourensán custódiase maioritariamente no Arquivo Histórico Provincial e reviste un interese para a historia urbana moito maior, ata o punto de que desde esta perspectiva non admite comparación con ningún outro arquivo de Galicia e ben pode ser situado entre os de mellor calidade de Europa en cidades de rango semellante.
Xosé Armas Castro
Unha aproximación xeral á formación dos arquivos municipais de Galicia e aos seus fondos documentais da época medieval. Será unha síntese necesariamente provisional mentres non dispoñamos de máis monografías sobre estes arquivos, especialmente sobre os que conservan importantes fondos documentais da época medieval.
José García Oro
A documentación eclesiástica debe considerarse en diferentes apartados: pontificia, episcopal, monacal, conventual, parroquial. Ten maior homoxeneidade e continuidade pola maior consistencia das institucións, a claridade dos procedementos sempre rexidos por normas e a organización en chancelarías que regula polo miúdo os procedementos documentais.