Los obispos de Mondoñedo, compendio dedicado al Ilmo. Sr. Don Telmo Maceira, Lugo: Imprenta y Librería de Soto Freire, 1854. 2 vols, 907 pp.
Esta obra contén dúas partes ben diferenciadas. A primeira, que constitúe o primeiro volume, toma a forma dun episcopoloxio e vai debullando os datos básicos da historia da igrexa mindoniense desde as súas orixes e dos seus bispos ata o século XIX; complétase cunha pormenorizada descrición da diócese (xeografía, parroquias e poboacións). No segundo volume recollense as constitucións sinodais promulgadas polos diferentes prelados desde 1534.