Nesta páxina pode consultar as normas de edición para a publicación de coleccións de documentos en GMH.
O Consello da Cultura Galega impulsou a creación dunha colección de fontes medievais galegas a partir do ano 1992, consonte un aumento da edición de documentos cuantitativamente moi destacable a partir da década de 1980. Unha característica destas edicións é a disparidade de criterios aplicados, que adoitan variar en función da perspectiva adoptada ante o obxecto de estudo: o texto como testemuño lingüístico ou como testemuño histórico.
Na colección Gallaeciae Monumenta Historica preténdese ofrecer un punto de encontro entre as distintas perspectivas, a histórica e a filolóxica, co fin de
encontrar uns criterios de consenso que poidan resultar útiles para as dúas.
Trátase do froito do traballo dunha comisión formada por profesionais dos dous ámbitos e será unha ferramenta científica común de edición e interpretación do noso corpus documental.
Comisión para a elaboración das normas de edición da documentación de Gallaeciae Monumenta Historica
Coordinadora:
Álvarez Blanco, Rosario
Boullón Agrelo, Ana Isabel
Bouzas Rosende, Paula
Cabana Outeiro, Alexandra
Monteagudo Romero, Xosé Henrique
Pérez Rodríguez, Francisco Javier
Rodríguez Suárez, Pilar
Vaquero Díaz, María Beatriz
Vázquez Bertomeu, Mercedes