A documentación eclesiástica debe considerarse en diferentes apartados: pontificia, episcopal, monacal, conventual, parroquial. Ten maior homoxeneidade e continuidade pola maior consistencia das institucións, a claridade dos procedementos sempre rexidos por normas e a organización en chancelarías que regula polo miúdo os procedementos documentais.
- García Oro, J.: A documentación eclesiástica galega na Baixa Idade Media, Gallaeciae Monumenta Historica, Consello da Cultura Galega, 2014. Descargar.