Enrique Flórez escribiu os primeiros 29 volumes desta obra, que saíron á rúa entre 1747 e 1775. Manuel Risco e outros autores continuaron o seu traballo ata completar os mais de 50 tomos que ten na actualidade. A obra detalla, con profusión de datos baseados en fontes documentais, a historia das diferentes dioceses españolas e daquelas portuguesas íntimamente unidas a elas como Porto ou Braga. Os tomos correspondentes ás igrexas galegas foron redactados por Flórez e están centrados, sobre todo, nas orixes das diferentes dioceses e nos tempos medievais.