15 documentos de diversa temática, en pergamiño; en galego e castelán; escritura gótica, rexistrados no Tombo H do Arquivo da Catedral de Santiago, do mandato de Xoán García Manrique e datados entre 1395 e 1397.
Esta edición ofrece o legado documental máis relevante da sé de Ourense: cabido catedralicio, bispado, cregos do coro, fábrica e capelas así como unha morea de escrituras de particulares.
Antoloxía de 46 pezas documentais, procedentes de diferentes coleccións e arquivos, escritas en latín, galego e castelán, e editadas orixinalmente en diversas publicacións a partir de orixinais, traslados e rexestos. Están datadas nos séculos XII-XV.
Notas e rexistros notariais (contratos privados, autos xurisdicionais, testemuños e seguros...) que ofrecen unha visión diferente da vida medieval na ría de Arousa en 1457.
Todo tipo de escrituras que ilustran a actividade do cabido e do bispo lucense, algúns aspectos da vida diocesana e mesmo algúns dos moitos sucesos conflitivos do século XV.
Contén case 800 escritos, desde a crónica da fundación ata sinxelas relacións de bens pasando por solemnes privilexios reais. É un códice singular polas miniaturas de influencia francesa que adornan estes privilexios.
Documentación de sentido estatístico na que figuran as taxas pagadas pola Igrexa de Santiago ao Papa e ao Rei, bastante insólita nas nosas fontes escritas.
Un dos escasos exemplos conservados de libros notariais en Galicia. As escrituras autorizadas por Lourenzo Eáns e Xoán Afonso reflicten a viveza e dinamismo da sociedade en que se outorgan.
O dinamismo urbano, os pequenos feitos do día a día, os negocios, a administración das entidades relixiosas e civís teñen o seu puntual rexistro neste volume do notario de Ourense.
O códice máis antigo que se conserva do Concello de Santiago. As súas páxinas achegan infinidade de datos sobre a vida urbana: urbanismo, finanzas, exercicio da xustiza, seguridade pública, comercio, etc